O Domingo 10 de febreiro os amigos, socios e compañeiros de Turmalina, xuntarémonos para pasar o día na natureza, recorreremos a RUTA DO DEZA (silleda) empezaremos na zona da fervenza do Toxa, seguiremos o sendeiro ata a praia fluvial de “A Carixa” (Merza) na que aproveitaremos para degustar exquisitos pratos cociñados polos participantes e subiremos logo á zona do Monumento benedictino de Carboeiro.
Como sempre será unha xornada de consciencia ecolóxica (faremos o inventario dos danos producidos polo paso do AVE) aproveitaremos entre sendeiro e sendeiro para sanar tamén o noso corpo (Tai Chi, Masaxe, Respiración Terapéutica,…) e parar o diálogo mental acelerado. Un día diferente para sentir o latexar da natureza dentro e fora de nós.